martes, 11 de diciembre de 2012

Entrevista, a entrada da droga en Galicia

Porto de Vilagarcía

Como se fan os traficantes a menor escala coa droga en Galicia? A través da seguinte entrevista quero amosarvos como se realiza o comercio de estupefacientes entre o porto de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) e o seu transporte ata o interior, en Lalín (Pontevedra).

O noso entrevistado fala da experiencia persoal del e dalgún amigo que baixaba semanalmente ata o porto de Vilagarcía a facer o seu negocio. Empregaremos un nome falso, Darío, para manter o anonimato do noso entrevistado.

1. Que substancias estupefacientes entran en Galicia a través do porto de Vilagarcía de Arousa?

Darío. - A través deste porto galego do Salnés sei que entran a diario substancias como cocaína, haxix, éxtase, cristal, speed e toda variedade de pastillas.

2. Cal é o horario para entrar no porto para facerse con este tipo de substancias?

D. - Os horarios seguidos pola maioría de "camellos" son nas horas centrais do día. Horas moi normais para este tipo de tráfico. Nunca nin moi cedo nin moi tarde. Sempre en horas correntes de ir a dar un paseo pola zona portuaria.

3. Que tipo de transporte se emprega para saír e entrar en Vilagarcía?

D. - Turismos. A poder ser en coches que non dean moito o cante. Tales como furgonetas rotuladas con nomes de empresas pesqueiras, coches familiares, monovolumes ou coches que non sexan moi ruidosos. Se fose posible é recomendable non utilizar o mesmo coche moitas veces.

4. É o propio traficante o que emprega o seu turismo?

D. - Depende, na maioría dos casos si. Mais en canto o negocio da droga empeza a reportar uns beneficios o narco pódese permitir pagarlle a xente non vinculada ao negocio por ir e vir dende Vilagarcía a Lalín. Esta retribución anda nos 300€ o viaxe ou mesmo máis.

5. Como é o trato unha vez dentro do porto recollendo a mercadoría?

D. - Cando se fan as recollidas e o intercambio do material, salvo que a relación cos vendedores sexa moi boa, esíxenche que pagues antes de recibir o lote. Rara vez che fían.

6. Que cantidade de diñeiro se manexa nestes intercambios?

D. - Case sempre as cantidades de diñeiro varían entre os 2.500 e os 4.000€. Levar encima unha maior cuantía de diñeiro podería supor buscarte un problema en caso de que te enfrontes a un control da policía.

7. No caso por exemplo da cocaína, a canto se soe vender e mercar?

D. - O valor de compra no porto dunha boa materia prima soe ser de 35/40€ o gramo. Unha vez posto á venda, o prezo final acaba os 60€/gr. ou a metade en 30€.

8. Porque moita xente cae ante un control policial de droga?

D. - Soen pillar á xente por un estado de nerviosismo ou un comportamento anormal. Moitas veces tamén pola cantidade de diñeiro que pode aparecer nun cacheo. Sempre é recomendable levar un papel ou algo que xustifique que gañaches esas cantidades de diñeiro; moitas veces sóese xustificar mediante actividades relacionadas co porto e a lonxa, como a compra de produtos pesqueiros.

9. En caso dun cacheo, onde se acostuma a esconder a mercadoría?

D. - A droga moitas veces escóndese en zonas coma os xenitais, entre as nádegas. O tapizado dos asentos do coche... Sitios que rara vez se cachean.

10. Da forma en que o expoñemos parece sinxelo meterse no negocio da compravenda de narcóticos, pero en realidade resulta tan fácil?

D. - Non é tan sinxelo como pode parecer. No porto é moi raro que poidas coñecer a persoas que che digan se queres "trapichear" ou che ofrezan droga. Acostuma a ser todo un círculo moi cerrado, no que non é nada fácil entrar.

11. Fálanos algo das drogas máis vendidas e consumidas.

D. - O Speed é unha droga moi comercializada; sobre todo polos vascos. É un estupefaciente barato e moi consumido. O MD e o éxtase teñen uns efectos euforizantes e na maioría dos casos aumenta a líbido do individuo, como se actuásen coma unha especie de viagra. Mentres tanto a cocaína sóese usar para regular os efectos do alcol no corpo e para mitigar o cansazo do corpo tras largas noites de festa.

Moitas grazas polo teu tempo Darío.


-----------------------------------------------------------------------------

Como podemos observar o entramado que se move ao redor da compravenda de droga no porto de Vilagarcía de Arousa está moi ben montado.  En próximos artigos seguiremos analizando o impacto deste tráficos de capitais nas xentes da zona, tanto en Lalín como en Vilagarcía de Arousa.

Martiño Novo

23 comentarios:

  1. Un bo traballo, sí señor! Noraboa!

    ResponderEliminar
  2. a droga esa gran inimigo da sociedade e sobretodo das persoas!!
    temos que seguir loitando contra ela,
    non pode ser que perdamos vidas para enriquecer a de outros
    en galicia temos a desgracia de ter narcos que pasarán a historia polas suas "azañas"
    unha absoluta plaga

    ResponderEliminar
  3. Na situación de crise actual na que vivimos como afecta o narcotrafico a economía das zonas na que máis está presente, e o que é máis importante, como é posible que as forzas de seguridade non sexan capaces de parar o tráfico de drogas que tanto mal está a facer na poboación.

    ResponderEliminar
  4. Com potser que en una societat tan amb tanta informació i comunicació la gent encara consumeixi drogues? Si fóssim ignorants encara es podria entendre, però no, ho tenim tot al nostre abast i encara així caiem en el vici. Amb això tan sols alimentem la riquesa de quatre aprofitats. No es normal que cada cop gent més jove en consumeixin. La qüestió és, com ho parem? Quina és la gran solució? Per desgràcia busquem la solució que busquem, mai serà suficient, la quantitat de diners que se’n treu és la raó per la qual això mai s’acabarà.

    ResponderEliminar
  5. Parabéenss ! Moi bo traballo ! :D
    Sabía que Vilagarcía de Arousa era unha zona moi soada de tráfico de drogas pero non coñecía nin a metade de recursos que utilizan os narcotraficantes.
    Hai que parar con este negocio infame !
    A policía debería de empregar controis máis estritos e andarse con ollo !

    ResponderEliminar
  6. Parece un estúpendo traballo. Grazas a xente coa que vos dá esta información sabemos moitas cousas das drogas que andan dun lado para outro e nos distintos lugares que se trafican. Acerca disto, hai ou había unha serie na TVG "MATALOBOS" que tamén ía diso; do que facían os traficantes e que casazas tiñan. A droga, igual que o tabaco é moi viciosa e para desfacerte dela e moi difícil. Oxalá isto nun futuro remate todo e poidamos vivir en tranquilidade.

    ResponderEliminar
  7. Gran entrevista, con muchos datos relevantes y que nos hacen ver lo cotidiano del negocio.

    ResponderEliminar
  8. É asombroso que a policía,sabendo a cantidade de recursos que teñen os narcotraficantes,non se esforce un pouco máis por interceptala. Ademáis, tal e como o conta o suxeito, parece algo moi sinxelo sacar a droga do porto, como se fosen caramelos, e sen que as forzas de seguridade fagan nada por parar esa plaga.

    ResponderEliminar
  9. Sin duda un problema que toda a sociedade temos, e parece que non interesa poñer remedio.Oxalá traballos como este axuden a concienciarnos.Bo traballo.

    ResponderEliminar
  10. Resulta increíble que as autoridades non fagan máis por cortar de raíz con todo o relativo ao narcotráfico, deberían persistir na vixilancia naval, aérea e profundizar na investigación en terra pero é como si non lles interesase o máis mínimo solventar este problema que afecta a todo o conxunto da sociedade.

    ResponderEliminar
  11. A verdade e que a min tamén me sorprenderon moitos dos datos e curiosidades deste proceso. Se ben para entender como funciona ben un tema non hai nada mellor que investigar e profundizar nel.

    ResponderEliminar
  12. En primeiro lugar, noraboa pola gran entrevista realizada,sobre todo sabendo o complicado que é recibir información dun membro da rede do narcotráfico.
    Por outra banda, na entrevista exponse cómo se distribúe a droga dende o porto ata o interior e quen forma os nodos da rede e como os membros que máis poden económicamente usan os máis débiles, cómo son actualmente pais de familia desempregados ou xente adicta, para facer o traballo sucio e de maior risco. Por iso eu pregúntome se o fin que se persegue é realmente a loita contra o narcotráfico, porque dende o meu punto de vista, enviar a cárcere o consumidor que vende para poder seguir consumindo mentres os dirixentes da rede quedan en liberdade a golpe de talonario non é a solución.

    ResponderEliminar
  13. La legalización de drogas como el cánnabis concatenaría una serie de resultados que serian: la erradicación de gran parte del “trapicheo a menudeo” o venta al por menor, un aumento de la calidad de vida y del sistema en el ámbito sanitario de los consumidores y una separación del mercado de droga dura y de droga blanda.

    Porque no señores?

    ResponderEliminar
  14. Gran trabajo!!
    Y curiosos datos también..

    ResponderEliminar
  15. Datos sorprendentes la verdad! Felicidades por el trabajo realizado!!!

    ResponderEliminar
  16. A legalización do cánnabis por exemplo concatenaría unha serie de resultados que serian: a erradicación de gran parte do trapicheo a menudeo ou venda polo miúdo, un aumento da calidade de vida e do sistema no ámbito sanitario dos consumidores e unha separación do mercado de droga dura e de droga branda.

    Coas taxas resultantes da venda legal de droga branda e as incautacións de desmantelación de grupos mafiosos vinculados ao trafico de drogas, sei investirían en programas de prevención e de información, para que se estabilice o consumo.

    ResponderEliminar
  17. Moi boa entrevista... Sobre todo sorprendeme a normalidade coa que se vive este tema nas zonas nas que a droga está presente.

    ResponderEliminar
  18. si, las drogas de uso ilegal como la cocaina, marihuna y el alcohol son sustancias que han causado mucho dolor y destruccion a muchas familias alrededor del mundo...pero tambien es cierto que hay otras drogas como los opiaceos por las cuales se han librado inclusive guerras que tienen sus usos medicinales...sabias que la marihuana la usan para aquellos pacientes con deficiencias pulmonares graves y que es de uso legal si es recetada por un medico en algunos estados en USA? Pues si,
    Creo que todos los extremos son malos y he alli el pequeno detalle...porque no tiene nada de malo que os tomeis un par de copas de vino con unos amigos ...pero si te vas a bajar tres botellas tu solo...alli es donde esta el problem...
    Sabias que en sur america han usado la marihuna como una forma de obtener energia para realizar las actividades del campo por cientos de anos...los campesinos e indios de bolivia y peru la usaban con tales proposito antes de que se descubrieran los poderes alucinogenos de ellas..y en la actualidad la siguen usando y ahora la siembran con propositos comerciales ya que hay miles de clientes alrededor del mundo que la usan para recrearse o para calmar la depresion que los mata...es un topico con muchas implicaciones sociales y psicologicas...
    saludos,

    ResponderEliminar
  19. Sabendo datos como os que revela o entrevistador, sorprende que non se tomen medidas máis efectivas. Quizáis o Estado ten razóns polas que non aplicar máis man dura neste negocio...

    ResponderEliminar
  20. Estupenda entrevista, la droga tiene sus pros y sus contras, a la hora de hablar de Galicia creo que deberiamos hacer algo para remediar este negocio ilegal.

    ResponderEliminar
  21. bueno la droga como bien lo sabemos casi la mayoria de personas , la droga es una sustacia qe es muy dañina en los adolescentes de hoy ocmod icen si una ves qe lo pruebes ya no lo dejas eso es muy cierto porque ahy muchos adolecentes que aumque quieran dejarlo no puede porqe su cuerpo o su organismo lo impide dejarlo de usar
    podemos ver qe las personas qe llegan a consumir dogras son aquellas personas que no tienes el apoyo nesesario de sus padres o aquelas personas que tubieron alguna decepsion en su vida la cual no debemos juzgar a aquellas personas qe a falta de cariño , amor , comprension ; se refugiaron en el vicio de la droga la cual no somos nosotros los qe tenemos qe decidir por ellos dejar o qe no dejen la dogras sino son ellos las cuales deben dejarlo pero simpre apoyarlos con nuestros mensajes y opiniones

    ResponderEliminar
  22. A idea é deixar sen traballo aos narcos. Eles conseguen diñeiro pola trasfega de drogas porque é ilegal. Se se volve legal, o produtor non necesita a protección do narco, por tanto este non consegue diñeiro nin pode manter os carteis nin as súas operacións delituosas. E o diñeiro? É para o goberno en forma de arancel por permitirlle pasar a esa droga sobre o territorio guatemalteco. O mellor sería despenalizar a trasfega, pero non a venda nin o consumo, para poder atrapar a todos os distribuidores que funcionan no país.

    ResponderEliminar