Sábado pola noite, que mellor momento da semana para saír de festa e consumir as chamadas drogas legais?
Porque ata o de agora pouco falamos de deste interesante tema. E dirán algúns, que son as drogas legais? As drogas legais son as que se poden comprar en diferentes negocios, son as que pode prescribir un doutor, cotidianamente coñecidas como remedios, e tamén entran na categoría o cigarro e o alcol pola súa capacidade de modificar as funcións do organismo e por ter un gran poder adictivo.
A sobredose de fármacos recetados causa máis mortes ao ano que a heroína e a cocaína. Esta adicción e outras drogas ou hábitos compulsivos aceptados pola sociedade como fumar ou beber alcol, pon en perigo a saúde de miles de persoas cada ano. Un repaso polos vicios máis comúns que afectan a nosa vida.
O tabaco
Debido ao consumo de cigarros, a nicotina é unha das drogas adictivas de maior uso e a principal causa prevenible de enfermidades, discapacidade e morte nos Estados Unidos. O hábito de fumar é responsable do 90% dos casos de cancro de pulmón e a inhalación pasiva do fume causa ao redor de 50,000 mortes ao ano. Numerosos estudos afirman que un de cada 2 fumadores morre directamente por causas relacionadas co tabaquismo.
Destacar que o contrabando desta substancia nas rías galegas creou as redes que logo se pasaron ao comercio ilegal de substancias prohibidas das que estamos a falar neste blog.
O Alcol
En países desenrolados como os Estados Unidos, 17,6 millóns de persoas abusan do alcol. E máis homes que mulleres son alcohólicos ou dependentes do alcol, afirma o Instituto Nacional sobre o Alcoholismo e Abuso de Alcol (NIAAA). Os máis propensos son os mozos de entre 18 e 29 anos, e taxa máis baixa dáse nos maiores de 65 anos.
Un estudo afirma que o alcol é responsable duns 15.600 casos de cancro ao ano en España. En 2009, o 94,2% da poboación de 15 a 64 anos referiu consumir bebidas alcohólicas algunha vez na súa vida, o 78,7% fíxoo durante o ano anterior á enquisa, o 63,3% durante o mes previo, e o 11% a diario. Por outra banda, en 2008 o 81,2% dos estudantes de 14 a 18 anos probárao algunha vez, o 72,9% consumiuno durante o ano previo, e o 58,5% no último mes. Como se pode observar o alcol é pois a droga máis consumida non só no noso país.

Bebidas enerxizantes
Estas bebidas prometen enerxía e vitalidade. A cantidade de cafeína dunha lata de enerxizante é a mesma que hai na metade dun café pequeno e este estimulante actúa sobre o sistema nervioso. Ademais, conteñen aminoácidos agregados, herbas, vitaminas e moito azucre. Non son recomendables porque conteñen cafeína, sustancias agregadas que actúan como estimulantes, herbas non aprobadas e azucre en exceso.
Para os Estados a legalización deste tipo de drogas supón un ingreso de millóns de euros nas súas arcas. Por poñer un exemplo, Rusia prevé ingresar en 2012 a través de impostos en alcol un total de 250.000 millóns de rublos, ou o que é o mesmo, 6.150 millóns de euros.
En España este ingreso supón xunto co tabaco unha suma de 8.093 millóns de euros. Un ingreso máis que importante...
O Estado español ingresa o prezo aproximado de 16 cigarros de cada paquete.
Mentres que os fumadores son perseguidos polo prohibicionismo da Lei Antitabaco o Goberno fúmase o 84% do prezo de cada paquete.
Mentres que os fumadores son perseguidos polo prohibicionismo da Lei Antitabaco o Goberno fúmase o 84% do prezo de cada paquete.
Drogais legais?
Creo que temos o debate aberto. Que opinas sobre o debate moral que abre a legalización destas substancias? Son beneficiosas para os gobernos ou non? E para a poboación?