jueves, 29 de noviembre de 2012

O narcotráfico no medio audiovisual.

Como elemento de actualidade, o tráfico de drogas e as actividades intrínsecamente ligadas á súa venda e transporte non ficaron alleas á súa difusión e análise no ámbito tanto cinematográfico, documental ou televisivo. Desde finais do anos 90, coincidindo cunha serie de acontecementos que puxeron en primeira plana ás principais familias ou clans do narcotráfico galego, o medio audiovisual aproveitou esta realidade social para plasmar, dunha forma máis ou menos efectiva, unha serie de bocetos que achegaban os problemas derivados da presenza do mercado da droga na sociedade galega, principalmente nas poboacións costeiras do litoral. Moitas das historias amosadas nas longametraxes incitaban e incitan a unha reflexión sobre o papel exercido polos narcos a nivel local, municipal e nacional en termos económicos e sociais, así como a gravidade que reviste a persistencia dos chamados “adictos”, no que moita xente considera unha enfermidade e non tanto un problema de vontade individual e axuda colectiva.

Partindo desde este último punto de vista xerouse o argumento da que poderiamos dicir que é a pioneira dos filmes desta temática, Heroína, estreada no ano 2005 baixo o mando de Gerardo Herrero e que conta co protagonismo de Adriana Ozores e Javier Pereira no elenco protagonista. É importante subliñar que cinco anos antes xa houbera unha incursión desta índole con Josetxo Sanjuán na película Báilame el agua, aínda que non se encadra no tipo de análise que estamos a realizar.


Tráiler da longametraxe Heroína


Voltando novamente ao audiovisual ambientado a nivel galego, o ano 2009 supuxo un novo empurrón para poñer novamente en liza a presenza do narcotráfico. Estreouse Agallas, protagonizada por Carmelo Gómez e Hugo Silva, onde se achega un pouco máis cara as actividades que presuntamente camuflan a venda de droga e o branqueo dos beneficios xerados pola súa comercialización. Así mesmo, a Televisión de Galicia apostou forte por Matalobos, unha serie de corte dramático e con tintes de thriller que segue en antena debido ó éxito da súa producción. Finalmente, a finais do mes de novembro de 2012 chegou á carteleira dos cines españois Todo es silencio, a adaptación cinematográfica da novela homónima de Manuel Rivas.


Tráiler da longametraxe Todo es silencio

A maioría dos argumentos xiran en torno ao boom que supuxeron as actividades de contrabando e consumo de droga na sociedade galega a partir dos anos 80. Nalgúns casos, o negocio con estupefacentes propiciou o enriquecemento de uns, mais a ruína de outros, tanto a nivel familiar como individual.

Os interesados en consultar as sinopses das diversas obras aquí mencionadas poden premer nos seguintes enlaces:




4 comentarios:

  1. Todo el mundo sabe que Lendoiro planeaba financiar el nuevo estadio de Riazor mediante tráfico de drogas en la ría.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Mucha droga tendria que introducir para pagar la deuda de al menos 99 millones de euros que tiene en estos momentos el Deportivo

      Eliminar
    2. Todo lo referente a la financiación del Dépor son conjeturas sin confirmación oficial. Se comentó muchas veces que Lendoiro sufragaba muchos de los fichajes de la época dorada con dinero blanqueado procedente del narcotráfico, así como a supuestas ayudas de Manuel Fraga en sus años de mandato. En todo caso nunca se llegaron a confirmar. Muchas gracias por vuestra aportación compañeros!

      Eliminar