miércoles, 19 de diciembre de 2012

A droga agora viaxa en submariños

Exemplo

Ante a curiosidade que espertou na miña anterior entrevista as novas correntes de droga transportada en submariños, decidín indagar un pouco sobre o tema e sacar á luz un pouco de información sobre este aspecto do tranporte marítimo da droga.

O seu nome habitual é narco submariño. Construido por narcotraficantes colombianos para transportar cocaína de Colombia aos Estados Unidos, estendeuse rapidamente o seu uso a outras zonas do mundo. Os narcos submariños empezaron a ser usados ao final da década dos 90s, e aínda que se lles chama submariños, estes non teñen a capacidade de mergullarse completamente, polo que tecnicamente, son semi-sumerxibles. O navío é capaz de deslizarse ao nivel da auga, soamente coa pequena cabina e dous tubos (escape e ventilación) sobresaíndo da auga.

Un narco submariño de 20 metros pode transportar unhas 10 toneladas de cocaína a unha velocidade de 23 km/h.


Velaí vos deixo un vídeo onde podedes ver un pouco como é a súa estrutura por fóra dun dos últimos deseños, xa sumerxibles. O aparello é capaz de navegar a nove metros de profundidade, e tamén posúe un periscopio de cinco metros de longo, dous motores diesel xa instalados e espazo para albergar a unha tripulación de catro persoas.

En Galicia este transporte, polo que cheguei a saber, tivo os seus albores en 2005, cando un importante narco se aventurou no que sería a súa gran chapuza de máis de 100.000 €. A primeira botadura realizouse o 4 de agosto. Os problemas mecánicos detectados frustraron a navegación do artefacto made in Galicia.
Alén disto, nas rías galegas téñense encontrado máis de un destes batiscafos máis recentemente.

Visto este empeño dos narcos en mellorar os seus sistemas de transporte xorden moitísimas dúbidas. Resulta asombroso que a droga poida manter unha inversión neste tipo de transporte. 


Se as drogas son un importante lobby económico, como chegamos a saber a estas alturas da nosa investigación, porque a sociedade aínda ten os ollos pechados cara estes temas?
Sería posible que toda a sociedade se lucrase dos beneficios económicos da droga e non tan só narcos e o seu círculo próximo?
Penso que hoxe en día a sociedade está máis que concienciada e cada un é libre para facer coa súa vida o que crea conveniente. Como para meterse ou saír das drogas. Ou non?
A legalización está aí. A ilegalidade lucra a uns cantos. Que problemas traería consigo a legalización? Prohibír ás veces desperta o desexo por algo. Sería a legalización a fin de moitos problemas sociais? Si? Non? Quen sabe?
Alén disto, se as drogas a día de hoxe non se chegaron a legalizar ... Será polo interese dalgúns?  Quen nos asegura que a droga non é un negocio máis que lucrativo para as farmaceúticas que producen cantidades inxentes de metadona? Nalgunhas áreas do planeta drogas como o cannabis son totalmente legais, e non se observa que sexan lugares con maior desorde social ...
Como vedes as cuestións son numerosas e poderíamos seguir. 
Xa sabes, a túa opinión conta. Comenta e abre debate.

2 comentarios:

  1. Impresionante!
    Ya me llamó la atención en la entrevista que publicaste el otro día y esto me deja mas patidifusa todavía!..sin duda la realidad supera la ficción
    No es que sea conozca mucho el negocio de la droga a gran escala, pero esto me hace pensar que no sólo los narcos están detrás..esto tiene pinta de contar con buenos, y pesados, respaldos

    ResponderEliminar
  2. Si a verdade e que estas cousas non saen a diario nos xornais, e parecen de película de ficción americana jaja

    ResponderEliminar